Entre as actividades da Fundación Rac inclúese a realización dun programa de residencias para artistas que pretende por un lado, o acercamento dos creadores españois e internacionais ao ámbito cultural galego e por outro, a difusión das súas creacións artísticas a nivel nacional e internacional. Neste senso, a Fundación Rac pretende servir coma polo de atracción para aqueles artistas interesados en trasladar temporalmente o seu ámbito de creación a Galicia co fin de desenvolver un traballo específico e baseado na súa relación co entorno. Desta forma se pretende tamén promover o acercamento entre artistas e institucións culturais e educativas da comunidade galega.

Cada ano o Padroado da fundación selecciona a un artista invitado ao programa de residencias. A estancia ten unha duración variable en función do tipo de traballo o mais do proxecto proposto por cada artista. O programa inclúe ademais dos gastos de trasporte e de estancia, unha axuda para a produción das obras, así coma a presentación do traballo realizado, na sede da fundación situada no centro histórico de Pontevedra. E mesmamente a fundación edita un catálogo que recolle tanto o proceso creativo de cada artista coma os seus resultados.

Artistas invitados
Amalia Pica (2018)
Sandra Gamarra (2017)
Hector Zamora (2016)
David Zink (2015)
Sofia Táboas (2013)
Ignasi Aballí (2011)
Tania Bruguera (2010)
Caio Reisewitz (2009)
Luisa Lambri (2008)
Jonathan Hernández (2007)
Comisario invitado:
Dan Cameron (2012)